Espazo Común alerta de que poden quedar fora das axudas os empresarios que non xustifican os gastos polo banco

Dende a formación reseñan que para dar estas axudas, o Concello esixe no punto 7.3 das bases que o pagamento dos alugueres se faga a través de conta bancaria e aseguran que non son poucos os empresarios que empregan outros métodos igual de válidos e oficiais. 

Dende Espazo Común demandan ó alcalde que admita tamén as xustificacións que se fagan doutros xeitos de pago que se poidan acreditar legalmente, evitando así que emprendedores que tanto o precisan poidan verse privados destas liñas de apoio.

AVANTAR ACTIVIDADES

Aproveitan tamén para lembrarlle ó goberno municipal a urxencia de acometer a segunda fase das axudas que foi acordada no mes de abril e que deber poñer outros 650.000 € a disposicións de comercio, autónomos, hostaleiros e demáis activos da economía local.