O PSOE de Leiro solicita máis medidas contra a Covid-19 e para un inicio do curso escolar segur

A formación solicita a desinfección de espazos públicos como o entorno do Centro de Saude, Residencia da 3ª idade, Casa Consistorial, Correos, Centro de Día, Cuartel da Garda Civil ou Prazas Publicas. Tamén solicitan que se informe ós veciños e turistas da obrigatoriedade do uso da máscara e outras medidas de protección como o lavado de mans, gardar a corentena ás persoas que lles é solicitada ou evitar as reunións.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES

O PSdeG-PSOE tamén requíre ó grupo de goberno información sobre as medidas protocolarias que se van a levar a cabo no colexio público Emilia Pardo Bazán. Por este motivo, os socialistas preguntan sobre as medidas sanitarias que o alcalde levará a cabo para garantir a saúde das crianzas. O voceiro socialista, Manuel Rodríguez Vázquez, sinala que “ante a preocupación dos pais e nais de Leiro, vímonos na obriga de requirir esta información” e apunta a que o alcalde “debería informar as familias dos protocolos que se van a seguir ven a través dun escrito, dunha reunión no propio centro de ensino ou a través de bando”. Rodríguez Vázquez critica “unha vez máis” o que considera “inacción” por parte do rexedor de Leiro, Francisco José Fernández, o que acusa de “seguir amasando postos de xestión, namentres se dedica a ocultar información á oposición e á veciñanza”.

O voceiro socialista apunta a que “é preocupante a deixadez e a desidia coa que o PP goberna en Leiro, onde parece que os problemas da xente non importan e onde a transparencia na información brilla pola súa ausencia”.

Os socialistas trasladáronlle ao Partido Popular, que goberna o municipio, 12 medidas básicas para protexer e velar pola saúde das crianzas e os traballadores e traballadoras do colexio Emilia Pardo Bazán. As medidas en cuestión son as seguintes:

1. Facilitar aos centros recursos de limpeza: xel hidroalcohólico e persoal de limpeza, con obxecto de que cada hora os servizos se limpen. Débese dotar de xel hidroalcohólico a cada unidade escolar / clase.

2. Hixienizar as clases durante os períodos de recreo e os centros completos durante o fin de semana.

3. Expandir as clases: situar aos alumnos garantindo que a distancia deles é a máxima posible. Posibilidade de instalación de aulas provisionais.

4. Contratación de máis profesores para permitir que se poidan crear grupos reducidos que teñan carácter de burbulla en primaria e infantil cun único profesor.

5. Itinerarios diferenciados de entrada e saída do centro.

6. Incrementar os recursos tecnolóxicos do centro: tablets, computadores, plataformas. Editar guías de utilización de recursos tecnolóxicos para o profesorado que inclúan titoriais.

7. Especialmente para os cursos de infantil e primaria, establecer quendas diferenciadas de comedor para os centros que non teñan xornada continuada.

8. Dotación de persoal de enfermaría en cada centro escolar que coordine un plan anti COVID-19 no centro.

9. Comezar as clases con recordatorios e formacións sobre as normas e medidas establecidas adaptados a cada idade/curso.

10. Personalizar os materiais en infantil e primaria para evitar contactos indirectos. Evitar na medida do posible o uso de material compartido nas actividades de educación física e en todo caso hixienizalo de forma constante.

11. Manter as xanelas abertas sempre que sexa posible. En caso contrario, aireala cada hora. 12. Se é necesario, hixienizar o transporte escolar asiduamente e reducir o número de viaxeiros, aumentando o número de rutas.