Once concellos do Carballiño e do Ribeiro recibirán axudas para traballar contra o cambio climático

Trátase da primeira vez que a Xunta establece este tipo de incentivos para apoiar aos concellos, entidades supramunicipais e agrupacións de entidades locais que se atopen formalmente adheridos ao Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía.

Un plan de acción para o clima e a enerxía sustentable consiste na elaboración dun inventario de referencia de emisións GEI e na avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático. A liña de subvencións axudará aos beneficiarios a sufragar os traballos de asistencia técnica para a elaboración dos mesmos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os concellos integran á loita contra o cambio climático como unha das variables que deben ter presente na definición das súas políticas, tanto para reducir os gases de efecto invernadoiro e mellorar a eficiencia enerxética, como para adaptarse ás consecuencias derivadas do quecemento global que está a sufrir o planeta.

Nas comarca do Ribeiro beneficiaranse Cotegada, Carballeda de Avia, Melón, Cenlle e Arnoia con 3.000 euros para cada un destes concellos. No Carballiño serán o propio municipio, unido con Maside, en dúas cuantías de 4.000 e 9.000 euros; Boborás con 3.600 euros; San Cristovo de Cea, Punxín e O Irixo, con 3.000 euros cada concello.