Ribadavia pon en marcha por segundo ano o servicio Madrugadores

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Ribadavia pon en funcionamento por segundo ano consecutivo o “Servizo de Familias madrugadoras”, que ten a finalidade de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, permitindo ós pais e nais que comezan a sua xornada laboral en horario anterior ó inicio das actividades lectivas no CEIP Pluriligüe Ribadavia e no CRA Amencer, deixar ós seus fillos e fillas no centro escolar ata o comezo das clases.

O “Servizo de Familias madrugadoras”, desenvolverase nas instalacións do CEIP Pluriligüe Ribadavia (Rúa Carballiño s/n), no edificio da concentración. Este servizo levarase a cabo todos os días lectivos co horario de 07:30 a 9:00 horas. Para o almorzo os nenos/as deben incorporarse ó Servizo como mínimo 30 minutos antes do inicio das clases. O número total de prazas será de 25.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para o curso lectivo 2020/21 o prazo de solicitudede praza no servizo será dende o 9 de setembro ata o 30 de setembro de 2020 a realizar no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia.

Os prezos do Servizo serán:

  Empadroadas/os Non empadroadas/os
Por un neno/a 35€/mes 65€/mes
Por segundo ou máis irmáns 25€/mes 45€/mes
Familias numerosas/monoparentais 25€/mes 45€/mes

Para unidades familiares con ingresos inferiores a 900€ (Salario Mínimo Interprofesional):

  Empadroadas/os Non empadroadas/os
Por un neno/a 25€/mes 45€/mes
Por segundo ou máis irmáns 15€/mes 35€/mes
Familias numerosas/monoparentais 15€/mes 35€/mes

Características da prestación do Servizo:

a) Servizo de acollida e vixilancia dos escolares participantes.

As actividades que se leven a cabo relacionaranse con áreas lúdicas e socioculturais non indispensables para a consecución de obxetivos curriculares e facilitarán o desenvolvemento persoal e social dos nenos.

Os nenos realizarán diferentes actividades segundo a idade e os intereses: actividades de carácter lúdico-didáctico, animación lectora, traballo persoal… Ademais, fomentaranse os valores do respecto e a colaboración.

b) Servizo de almorzo.

O almorzo consistiría de forma básica e diaria en leite, cacao e galletas, cereais e/ou froita. Cada neno dispoñerá dunha bolsa de aseo con cremalleira na que depositará os útiles para o cepillado e hixiene dos dentes.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “cando chegamos ao goberno decidimos poñer en marcha un servizo de madrugadores xa que era un dos compromisos do noso programa electoral. Agora este servizo consolídase coa posta en marcha do mesmo por segundo ano consecutivo, o que manifesta a clara e decidida aposta do goberno municipal polas políticas de conciliación.”

Cesar Fernández afirmou que “para o goberno municipal é prioritario facer un esforzo importante en todo o que ten que ver con políticas de apoio ás familias, por iso entendemos que continuar prestando este servizo é fundamental nos tempos que estamos vivindo. As familias de Ribadavia precisan que o concello poña ao seu dispor un servizo de conciliación que satisafaga as súas necesidades e que ademais sexa totalmente seguro e adaptado á nova normativa COVID-19.”