O carballiñés Xesús Carballido levará unha exposición de arte ó Museo do Mar de Vigo dende o día 22

O carballiñés Xesús Carballido abriunos as portas do seu taller para amosarnos a exposición que levará esta semana a Vigo, para que sexa exposta no Auditorio Mar de Vigo. As pezas que amosará son collage feitos por el mesmo, algún aínda en proceso de realización. Esta é unha técnica que el domina. Serán un total de 70 pezas, entre as que tamén hai esculturas e que conformarán a primeira exposición individual do artista en Vigo.

A inauguración será o día 22 de setembro ás 20:00 horas e estará dispoñible sobre os dous meses. O artista, Xesús Carballido, contounos máis detalles de esta exposición e da sensación de oportunidade de poder amosar as súas obras nunha exposición individual.

AVANTAR ACTIVIDADES