O concello de Ribadavia e a UNED organizan un curso sobre a cultura do viño

A actividade formativa, elaborada conxuntamente entre o Concello de Ribadavia, o Museo do Viño de Galicia e Galicia Wine, terá lugar  o día 8 e o 15 de outubro. O obxectivo é difundir a cultura do viño entre os profesionais e afeccionados do mundo do viño, dando a coñecer a personalidade dos viños do Ribeiro, de Galicia e do resto do mundo a través das súas paisaxes, a súa historia e as súas xentes, de forma sinxela e próxima. Está dirixido a profesionais do sector pero tamén a afeccionados e a calquera persoa interesa no tema. A formación está dividida en dous módulos, un sobre técnica de cata, variedades de uva, clima e solo e outro sobre os traballos na viña e na bodega, ambas impartidas por Joge Vila.

Pode consultarse a información completa no seguinte enlace: https://extension.uned.es/actividad/22886?fbclid=IwAR2DqFhPfKb-K6KpQDdWxuRgzHy5a5elL7KzTZ8DXZ8pIgISXkDXaIA0mRs

AVANTAR ACTIVIDADES