
A Xunta advertiu hoxe ó Ministerio de Transportes do forte impacto negativo que está tendo na poboación e na economía de Galicia a prolongación no tempo da supresión dos servizos ferroviarios anulados durante o estado de alarma.
A conselleira, Ethel Vázquez, trasladou que o déficit en infraestructuras e servizos de tren en Galicia estase vendo progresivamente agravado, algo que merma a competitividade do territorio e impide a miles de ciudadanos o exercicio efectivo do seu dereito á mobilidade, unha idea na que tamén incidiron comunidades como Aragón, Andalucía, Extremadura ou Castela e León.
Destacou que as razóns da baixa demanda que ven alegando Renfe para manter a supresión dos servizos “non poden ser aceptadas dende Galicia” e apostou por aportar transparencia ós deberes do servizo público e que sirven para fixar as tarifas dos billetes e das frecuencias dos servizos.
Ethe Vázquez remarcou que Galicia atópase moi agraviada pola situación da AP-9, que debe ser abordada á marxe da elaboración da Estratexia e da Lei de Mobilidade estatal. Indicou que no caso de formularse un novo sistema de financiación da conservación de carreteras, este debe incluir as autopistas de peaxes e non pode supor que a periferia sexa aínda máis periferia e, polo tanto, menos competitiva.