O BNG reclama o servizo de Madrugadores no concello de Castrelo de Miño

O grupo do BNG en Castrelo de Miño

O BNG de Castrelo de Miño critica que o actual goberno do Partido Popular votou en contra no último pleno ordinario celebrado da creación dun sevizo para acoller aos nenos no CEIP de Castrelo de Miño antes de que comencen as clases, o que é coñecido coma Servizo de madrugadores.
A formación asegura que o PP baseou a seu voto en contra en que ían implementar un mellor servizo que o que ofertaba o anterior goberno do BNG.
Hoxe, día 10 de setembro, foi o inicio do curso escolar comezaron e segundo a formación non hai ningún servizo de madrugadores, e afirman que non teñen novas sobre as actividades extraescolares que tiñan os cativos polas tardes, para a conciliación laboral e familiar dos seus pais.
A formación critica que o goberno só esté destinando esforzos ó desbroce en colaboración ca Deputación de Ourense, asegurando que deixan de lado a atención ó sevizo da traída da auga potable. Afirman que hai núcleos que levan unha semana con cortes do servizo constantes e cun auga que rpesenta cor turbia. O BNG mostrou as súas dúbidas ante que esta auga cumpra os criterios sanitarios.