Esta fin de semana comeza a formación de catas de aceite en Arnoia

Cooperativa pementos Arnoia (Ribeiro) 27-7-17

En concreto, mañá celebrarase a cata de iniciación na antiga cooperativa do pemento do concello ourensán da Arnoia. En canto ao temario, abordaranse cuestións como os conceptos básicos na cata de aceites, clasificacións comerciais, fases olfativa, gustativa e táctil; así como as características sensoriais e o vocabulario básico. O curso rematará cunha sesión de cata demostrativa.

Os cursos de perfeccionamento celebraranse a seguinte fin de semana e a última será a quenda do curso avanzado. Todos eles serán impartidos polo xienense Ramón Pulgar, experto en oleicultura e catador recoñecido polo Consejo Oleícola Internacional. Así, as restantes accións formativas terán lugar os 19 e 26 na Arnoia.

AVANTAR ACTIVIDADES

O obxectivo destas sesións de cata é a formación de profesionais do sector coa expectativa de que xurda algún experto catador.