O concello de Leiro acomete melloras no acceso ó camping e no campo de fútbol

O concello de Leiro continúa cas obras de acondicionamento no municipio e nas parroquias da súa contorna. Neste sentido, unha das actuacións que se suma o cambio de alumeado realizado do barrio de Os Carrís, tamén hai que sumar este cambio a sistema LED na vila de Vieite.

Ademais, estase a realizar a pavimentación na zona de Gomariz, no acceso ó camping e nas instalacións do campo de fútbol. O acceso a Cubilledo tamén está sendo obxecto de acondicionamento, engadindo tamén a zona que abarca dende o Pazo ata a estrada OU-504. Estas son obras que están todas en fase de execución e algunha delas xa rematadas.

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde, Francisco José Fernández, detallou máis detalles destas actuacións.