A Deputación aproba unha subvención para o proxecto de reforma da praza de Cea

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe, na reunión mantida por videoconferencia, diversas iniciativas e axudas de cooperación cos concellos e entidades. Neste sentido, aprobouse a resolución do concurso público para concesión de subvencións a entidades sociais para proxectos de servizos sociais en 2020, e deuse luz verde á subvencións para a Fundación Carlos Velo para gastos de funcionamento da entidade correspondentes ó ano 2020.

Asemade, no que atinxe a concellos, a xunta de goberno aprobou unha achega para o concello de Larouco para a execución das obras de acondicionamento e reforzo do firme no acceso a Seadur desde a N-120; para o concello da Peroxa, para adquisición da casa natal de Rodolfo Prada Chamochín, coa finalidade de destinar este inmoble a usos culturais, e no caso do concello de San Cristovo de Cea, aprobouse unha subvención para o proxecto de obras da praza en Cea.

AVANTAR ACTIVIDADES