Baltar: “O enlace da A-52 co Polígono de San Cibrao é un pulo fundamental nas comunicacións para a área industrial máis importante de Galicia”

Inauguración do novo acceso ao Polígono de San Cibrao das Viñas coa Autovía das Rías Vaixas (A-52). Asisiten entre outros Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense), Alberto Nuñez Feijoo (Presidente da Xunta de Galicia), Ethel Vázquez (Conselleira de Infraextructuras), Pedro Fernández Moreiras (Alcade do Concello de San cibrao), Jose Luis Rey (VicePresidente da AA de Empresarios do Polígono de San Cibroa) e outras autoridades e empresarios do polígono.

O presidente da Deputación de Ourense acompañou esta mañá ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, no acto de inauguración desta nova infraestrutura, na que se investiron 22 millóns de euros  

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañou esta mañá ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, no acto de inauguración do enlace da autovía A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, unha infraestruturas que Baltar cualifica como “pulo fundamental nas comunicacións da área industrial máis importante de Galicia”, unha obra na que se investiron 22 millóns de euros.

AVANTAR ACTIVIDADES
Inauguración do novo acceso ao Polígono de San Cibrao das Viñas coa Autovía das Rías Vaixas (A-52). Asisiten entre outros Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense), Alberto Nuñez Feijoo (Presidente da Xunta de Galicia), Ethel Vázquez (Conselleira de Infraextructuras), Pedro Fernández Moreiras (Alcade do Concello de San cibrao), Jose Luis Rey (VicePresidente da AA de Empresarios do Polígono de San Cibroa) e outras autoridades e empresarios do polígono.

No acto, os titulares da Deputación e da Xunta, estiveron acompañados polo alcalde de San Cibrao das Viñas, Pedro Manuel Fernández; polo presidente da asociación de empresarios do polígono, José Antonio Rodríguez; pola consellería de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e por representantes institucionais, empresariais e sociais, “un evento que marca unha efeméride importante no calendario económico e empresarial da provincia de Ourense”, remarca Baltar, quen considera que a entrada en funcionamento deste viario “supón un antes e un despois nas comunicacións dun área empresarial fundamental, con máis de 300 empresas e máis de 8.000 traballadores directos”.

Manuel Baltar afirma que a mellora das comunicacións nesta área traerá consigo “maior dinamización e desenvolvemento, unha infraestrutura de cinco quilómetros que tamén mellora e vertebra a provincia, fundamentalmente a comarca de Celanova e toda a contorna de acceso á autovía A-52, así como a competitividade de toda a provincia de Ourense, e a Deputación traballa en cooperación con outras administracións, sinaladamente coa autonómica e coa local, para poñer en marcha proxectos tan demandados, como este, por todos os empresarios de San Cibrao das Viñas, iniciativas que, sen dúbida, están na liña do mellor Ourense, polo que estamos a traballar”, expresa Baltar.