O parque infantil da Igrexa da Veracruz está sendo obxecto de reforma durante toda esta semana. As melloras principais son o cambio do solo, con novo recubrimento de caucho, o pulido e pintado das zonas de xogo e o reforzo dos parafusos para garantir a súa seguridade. Esta mellora viuse necesaria co peche momentáneo que sufriu o ano pasado do parque da Alameda, para a súa renovación. Por este motivo, a afluencia no parque da Veracruz incrementouse e as instalacións, debido ó uso, deterioráronse.
O alcalde, Francisco Fumega, detallou os traballos que se están a facer, e adiantou o proxecto de reforma que afectará tamén ó parque situado nos catro camiños, no que se pretende colocar unha estrutura de teito para o seu uso no inverno e substituír a zona do areeiro.