A Asociación Camiño Xacobeo Miñoto anuncia accións legais para defender o trazado orixinal por Berán

A Asociación Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro, entidade fundada e rexistrada no ano 2009, en base as informacións publicadas en diversos medios de prensa, así como na propia web oficial da Asociación de Concellos do Miñoto Ribeiro e das web oficiais de algúns dos Concellos que forman parte da devandita Asociación quere manifestar a sua repulsa e denunciar varias irregularidades. En efecto, a Asociación dos Concellos incumple as normas máis elementáis de ética en canto supón unha actuación dolosa o difundir unha serie de novas falsas acerca da obtención da “Compostela”, enganando os peregrinos mediante a publicación e citando como Camiño Xacobeo 2021 outra proposta e trazado diferente o xa recoñecido por o Arzobispado o 28 de marzo de 2019, chamado Camiño da Geira e dos Arrieiros tal como se pode comprobar na web da Catedral de Santiago. Estamos ante unha clara manipulación por parte dos Concellos cando afirman que transitando por o Camiño Miñoto que propoñen se obtén a “Compostela” e, en consecuencia, unha falsedad para enganar dolosamente os peregrinos. O engano ten unha particular incidencia no tramo Beade-Berán-Lebosende, posto que estando recoñecido co a “Compostela”, estas localidades polas que xa pasaron máis de 1200 peregrinos, de acordo co rexistro existente, a Asociación de Concellos, arbitrariamente, promove o paso por o núcleo de Leiro e outras parroquias que non figuran como puntos de paso na oficina do peregrino da Catedral de Santiago. A este tipo de maniobras sumanse demáis actuacións o longo de anos padecendo atrancos e o intento de solapar e impedir as actividades divulgativas da nosa Asociación Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro como fundadora, tutora e precursora de este proxecto no Ribeiro.

Entendemos que a proposta da Asociación dos Concellos non parece rigurosa en canto non comtempla a proposta orixinal excluindo a Berán e Lebosende a pesar do seu rico legado histórico cultural inventariado e protexido por Patrimonio e no que se fundamenta inicialmente o proxecto orixinal, como reflexa o libro “Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro” no 2010, editado por a Deputacion de Ourense e baixo a autoría de Castor Pérez Casal e Xose Ramón Estévez.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dada a discordancia na forma de proceder e de entender este proxecto como camiño que, esencialmente, é de peregrinación xacobeo polo Ribeiro, a Asociación Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro ven de impulsar a constitución dunha plataforma chamada “Berán no Camiño” para promover diversas iniciativas en defensa do trazado orixinal documentado e recoñecido o 28 de marzo de 2019, dende a localidade de Berán que está a 102 km. da Catedral de Santiago e que cumple os requisitos para obter a “Compostela”. Esta localidade figura como punto de partida para os peregrinos e aporta iniciativas entre as que se está desenrolando o programa de intercambio cultural do Encontro Transfronteirizo de peregrinos chamado “O Camiño en Nos” para o próximo ano santo Xacobeo 2021.

Finalmente, o colectivo da Asociación Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro como afectado por a actuación e atribucions que se otorga a Asoc. de Concellos do Miñoto Ribeiro e ante as posibles irregularidades anteriormente expostas, ten acordado, en base a probas obxetivas e fehacientes, recurrir e emprender accións legáis para esclarecer estes feitos e depurar as presuntas responsabilidades, todo en favor de uhna defensa clara dos peregrinos.