Luar na Lubre actuará hoxe na Insua dos Poetas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo Luar na Lubre actuará hoxe, 16 de setembro no espazo cultural da Insua dos Poetas. A actuación será ás 19:00 horas, con entrada gratuita ata completar o aforo dispoñible. Esta actuación coincide co día da víspera do patrón local, o San Cibrao, que é festivo no Carballiño, aínda que este ano, dende o goberno local, afirmaron que non habería festas coma ás que se celebran cada ano.

Luar na Lubre é grupo de folk galego creado na Coruña en 1985. Trátase dunha das bandas máis representativas do panorama folk galego. Obtiveron distintos premios, boas críticas, actuacións nos mellores escenarios e dous discos de ouro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Luar na Lubre resalta a cultura galega con temas tradicionais, mais tampouco quedan fora as influencias celtas de países como Irlanda, Escocia ou a Bretaña , así como unha estreita relación coa música portuguesa.