O carballiñés Óscar Paniagua recibe unha distinción polo seu primeiro posto de acceso o curso superior de piano

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A directora do Conservatorio Profesional do Carballiño, Celia Salceda, xunto cos profesores de piano deste centro, Alfonso Medela e Juan Manuel, fixeron entrega dunha distinción ao alumno de piano Óscar Paniagua, que ven de acadar o primeiro posto no acceso ao curso superior de piano no Conservatorio da Coruña. Neste acto tamén se contou ca participación municipal do alcalde do Carballiño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Fumega deu a noraboa a este alumno e salientou que estos éxitos fan que se que se queira dar unha maior cobertura as ensinanzas por parte do concello. Ademáis, estivo aocmpañado pola concelleira de Educación, Guadalupe Sobrado

Pola súa parte, Alfono Medela, slaientou o traballo feito ó longo dos anos por Óscar para poder chegar aquí e amosou a súa certeza de que ía chegar ó mundo profesional da música nun futuro próximo.

Óscar Paniagua agradeceu ó concello esta distinción e os profesores que o acompañaron ó longo destes anos.