O concello e a Deputación reformarán o entorno da praza maior de San Cristovo de Cea

A Deputación de Ourense anunciaba hai uns días unha serie de actuacións en diversos núcleos municipais. Entre eles atopábase a execución dun proxecto de mellora na Praza Maior de San Cristovo de Cea. O alcalde, José Luis Valladares, relatou que esta iniciativa consiste en reformar un espazo moi concorrido e que neste momento é moi necesario, asegurando que zona se atopa moi deteriorada.

As actuacións que se van a realizar comezarán a principios do mes de outubro e prevén que estean finalizadas para finais dese mesmo mes. Contan cun presuposto de 48.000 euros e consistirán no acondicionamento das rúas colindantes á praza, dende a rúa Calvo Sotelo ó Lodairo, que da acceso ó campo de fútbol e tamén ás piscinas municipais e ó tanatorio.

AVANTAR ACTIVIDADES