A consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h de hoxe

  • Seguen activos os lumes de Lobios-Río Caldo (2.000 ha no Parque Natural do Xurés), Muíños-Prado de Limia (30 ha tamén neste parque natural) e Rairiz de Veiga-Sabariz (300 ha)
  • Estabilizados os incendios de Vilariño de Conso-Sabuguido (700 hectáreas), Chandrexa de Queixa-Queixa (500 ha), Manzaneda-Cernado (850 hectáreas), Manzaneda-Paradela (400 ha), A Mezquita-Cádavos (450 ha) e Montederramo-Gabín (30 ha)
  • Controlados os lumes de Vilar de Barrio-Rebordechau (700 ha), Cualedro-Montes (un de 1.300 ha e outro de 80 ha), A Pobra de Trives-Pena Petada (50 ha) e Muíños-Requiás (11 ha no Parque do Xurés)  
  • Extinguido o lume de Vilardevós-Vilar de Cervo (296,29 ha)