A aplicación Radar Covid xa está operativa en Galicia

A aplicación púxose en marcha logo de que a Xunta completara a integración da app cos sistemas do Sergas nos prazos establecidos polo Goberno central.

A aplicación Radar Covid emprega a conexión Bluetooth dos terminais para detectar contactos estreitos de casos confirmados de covid-19, recoñecendo os dispositivos que estiveron a menos de 2 metros de distancia nos 14 días anteriores e durante máis de 15 minutos. Cando unha persoa é diagnosticada de covid-19 pode alertar de xeito anónimo a través da aplicación cun código alfanumérico que lle proporcionarán as autoridades sanitarias. A app enviará unha alerta anónima a todos os seus contactos estreitos, alertándolles de que estiveron en contacto cun positivos e facilitándolle as instrucións necesarias para que saiban como actuar.

AVANTAR ACTIVIDADES