Gabriel Alén, ex-alcalde de Cenlle novo Delegado Territorial da Xunta en Ourense

O presidente da Xunta anunciou, tras a reunión do consello do Executivo galego deste xoves 17 de Setembro, a substitución dos cinco delegados territoriais e, nesta provincia, Alén substituirá a Marisol Díaz Mouteira, que ostentaba o cargo desde 2015.

Gabriel Alén Castro naceu en Ourense en 1977, é profesor especialista en educación física

AVANTAR ACTIVIDADES

Foi Concelleiro de Cultura en Cenlle. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cenlle e foi elixido alcalde con maioría absoluta. O mesmo sucedeu en 2015 e 2019.

En marzo de 2020 presentou a súa renuncia para ir nas listas do PP ás eleccións galegas de abril deste ano.