O concello do Irixo convoca a unha reunión informativa a todas as persoas empadroadas neste municipio que estean interesadas en participar no novo proxecto da marca O Irixo, para a promoción e posta en valor dos produtos gastronómicos locais. A reunión será mañá sábado, ás 20:00 horas, nas instalacións do concello.
A convocatoria está destinada, sobre todo, ás industrias agro alimentarias xa existentes, hostaleiros, persoas dedicadas á recollida e á venda de castañas (ou que estean interesadas en adicarse a elo) e apicultores (existentes ou que queiran adicarse a elo).