Nota do Psdeg-Psoe de Allariz sobre protocolo para a volta ás aulas

O PSDEG-PSOE DE ALLARIZ INSTA Á XUNTA A ELABORAR UN PROTOCOLO DE CONSENSO” PARA A VOLTA ÁS AULAS POLA COVID- 19 E A GARANTA OS COMEDORES E O TRANSPORTE ESCOLAR


AVANTAR ACTIVIDADES

Os socialistas solicitan ao goberno de Feijóo, un protocolo aceptado polas Anpas, os profesores e os concellos e piden que non se esqueza das súas obrigas e competencias e deixen de votar balóns fóra

A voceira do PSdeG en Allariz, Zaida Rodríguez, explica que o peche dos centros educativos xera fendas de desigualdade” e apunta que lamentablemente non nos atopamos nese escenario co proxecto de protocolo elaborado polo Goberno de Feijóo

O PSdeG-PSOE de Allariz defenderá no pleno do vindeiro venres día 25 de setembro, unha moción na que insta á  Xunta de Galicia a elaborar un protocolo de consenso” para a volta ás aulas a causa da pandemia mundial da COVID-19 e que se garanta o funcionamento de comedores e transportes escolares, cando menos, nos mesmos termos nos que o servizo daría cobertura en situacións normais. O Grupo Municipal socialistas considera que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional debe iniciar de forma inmediata” reunións cos representantes do profesorado e das familias do alumnado para acadar un documento consensuado” que permita afrontar o desenvolvemento” do curso 2020-2021 coas máximas garantías posibles.

A situación derivada da pandemia producida pola Covid-19 supuxo que o sistema educativo galego, ao igual que os de todo o Estado, se vise inmerso nunha situación inédita como consecuencia do pertinente, necesario e obrigado peche dos centros educativos. Como elemento adicional a ter en conta, debe engadirse o feito de que o peche dos centros educativos xera fendas de desigualdade, debido aos diferentes recursos materiais, dixitais e persoais existentes en cada familia, explica a voceira socialista, Zaida Rodríguez Camba, que tamén apunta que brechas que son máis fondas canto menor é o nivel socio-económico das familias e como vimos de comprobar, xera desigualdades no benestar emocional e social.

Dende o Grupo Municipal Socialista consideran que o desenvolvemento do curso 2020-2021 é imprevisible” dado o descoñecemento actual da posible evolución da pandemia. En consecuencia, o PSdeG de Allariz considera que resulta imprescindible” prever diferentes escenarios” aos que adaptarse, dependendo das circunstancias sanitarias que poidan darse e toda esa

previsión debe plasmarse nun protocolo para os centros docentes que regule o desenvolvemento da súa actividade, tanto lectiva como dos servizos complementarios.

Rodríguez Camba tamén destaca que na moción solicitan que se dote aos centros do profesorado e persoal suficiente para garantir unha actividade educativa correcta en calquera dos escenarios posibles que se poidan dar ao longo do próximo curso. A voceira socialista afirma tamén que se debe estabelecer unha reunión de carácter urxente” coa Fegamp para valorar todos os recursos necesarios para o normal desenvolvemento do curso escolar. Apunta tamén que debe xerarse unha dinámica de colaboración estable para este cometido mentres dure a situación extraordinaria.

Os socialistas piden tamén que se habiliten os fondos extraordinarios necesarios e se tramiten as modificacións orzamentarias pertinentes para que os incrementos de custes, que deben asumir centros, ANPAS e concellos como consecuencia das medidas que se dispoñan nese novo protocolo, sexan asumidos polo goberno de Xunta de Galicia. O PSdeG-PSOE de Allariz pide tamén que os fondos extraordinario do Goberno de España destinados a educación se negocien de maneira transparente” con todos os sectores implicados.

A voceira socialista subliña tamén que lamentablemente non nos atopamos nese escenario co proxecto de protocolo elaborado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que ten concitado o rexeitamento dos docentes, familias e concellos. Rodríguez Camba finaliza afirmando que isto é así porque o goberno da Xunta de Galicia que debe afrontar, máis que nunca, a súa responsabilidade de goberno o que fai é centrifugar responsabilidades cara aos centros, ANPAs e concellos sen dotalos marco estable, seguro e cos recursos humanos e materiais necesarios tamén para a totalidade dos servizos complementarios (comedor e transporte escolar).