O FETEGA presenta a súa 31ª edición, que se celebrará do 23 ó 26 de setembro

O Festival de Teatro Galego-FETEGA Celso Parada desenvolverá no Carballiño do 23 ao 26 de setembro a súa 31ª edición. Os organizadores do certame, que incorpora a Carlos Ledo como director, presentaron hoxe en Ourense toda a programación, ca presenza do vicepresidente da Deputación, o alcalde do Carballiño e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil.

A Casa da Cultura e o Auditorio Municipal Manuel María acollerán as representacións de Clausura de amor, de Cámara Negra Teatro; Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández; O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro; A que non podes dicir Coca-cola?, de AveLina Pérez; Technologies, de Pedro Brandariz; Sexo débilo carallo!, de Arantxa Treus; Sempre o pensaches pero nunca o dixeches, de Diana Sieira; e Proxecto Literarias. Estas propostas integran o programa de sala, que, xunto ás sesións de teatro de rúa a cargo da compañía Barafunda, foron seleccionadas entre as máis de 100 propostas recibidas para participar no certame.

AVANTAR ACTIVIDADES

Realizarase, ademais, a lectura dramatizada internacional de A farsa das zocas, de Carvalho Calero, que será levada a cabo por 50 persoas voluntarias dos Centros de Estudos Galegos de distintos países