Os socialistas levan anos demandando unha auditoría enerxética e criticando que o grupo de goberno non aposte pola tecnoloxía LED en todos os núcleos de poboación, que permitise un aforro na factura da luz na última década, duns 2 millóns de euros
O voceiro socialista, Jorge Gutiérrez, critica “a falta de planificación” do PP e avoga porque se saque o contrato da luz a concurso público, “xa que permitiría unha redución do prezo da luz de ata un 20%”
O PSdeG-PSOE de Pereiro de Aguiar denuncia o “malgasto” levado a cabo polo Concello na factura da luz municipal dende fai anos, lembrándolles, que os socialistas levan dende o 2008 reclamando a substituír “canto antes” as actuais luminarias por luces LED en todas as poboacións e instalacións municipais, de xeito que se xere un “importante” aforro nas arcas municipais, gracias o baixo consumo destas luces, que poden supoñer un aforro de ata o 80%, e que ademais mellorarían a iluminación, a seguridade nos pobos e urbanizacións de Pereiro de Aguiar e axudar a coidar o medio ambiente. Dende o Grupo Municipal Socialista lembran que levan máis de 10 anos demandando unha auditoría de enerxética que o goberno municipal “ao fin se dignou a levar a cabo este ano”, pero apuntan tamén a que “fai falla máis traballo para conseguir un aforro enerxético, ambiental e económico importante”, así lembran que o gasto anual de luz supera os 300.000 euros.
Os socialistas consideran que coa actual política municipal de solicitar subvencións a Consellería de Industria “o aforro enerxético demorarase décadas”, xa que segundo apuntan “con este sistema só se cambian as luminarias dunha aldea cada ano”. O PSdeG de Pereiro avoga polo “cambio total” das luminarias nos núcleos de poboación para un “aforro eficaz”.
Dende o Grupo Municipal Socialista apuntan por exemplo as axudas, subvencións e financiamento co 0% de intereses que ofrece o Instituto para a Diversificación e Aforro para a Enerxía (IDAE) do Estado procedente de Fondos Europeos, coas que “se permitiría o cambio total a luminarias LED en toda o termo municipal”, apunta o voceiro socialista, Jorge Gutiérrez. O líder do PSdeG en Pereiro de Aguiar afirma que coa implantación do LED “conseguiremos non só un aforro moi importante da factura da luz municipal, senón tamén unha mellora ambiental, é da seguridade das rúas, estradas e poboacións”.
A licitación e concurso público da subministración eléctrica de todas as instalacións municipais é outros dos puntos que os socialistas consideran “clave” para conseguir outra redución significativa da factura da luz, xa que ata a data nunca se sacou a competencia pública entre as empresas do sector, senón que historicamente sempre se contratou sen competencia a Fenosa, tal como os propios informes municipais denuncian. O PSdeG-PSOE afirma que sacando a concurso público o subministro da luz “o prezo baixaría un 20% máis, debido a competencia entre empresas, o que beneficiaría directamente o noso municipio”.
O voceiro socialista, Jorge Gutiérrez, critica a “falta de visión histórica” do Partido Popular que en lugar de substituír hai anos, todas as antigas luminarias de alto consumo e baixa luminosidade, investindo en novas tecnoloxías LED, “opta polo cambio lento e de forma puntual o que non favoreceu un aforro significativo desde hai anos “. Gutiérrez demanda que o grupo de goberno de Pereiro de Aguiar “pase páxina e deixe o pasado aparcado para entrar dunha vez no século XXI, modernizando un municipio que ano a ano ve como aumenta a súa poboación e como se converte nun reclamo máis para captar novos veciños e veciñas”.