Esta glorieta, que se atopa na periferia do municipio, é un punto importante de conexión, favorecendo o acceso á autovía cara Ourense e Vigo. O acondicionamento levouse a cabo nas últimas semanas, e incorpora decoración típica do Ribeiro, con barricas de viño e unha prensa tradicional. Esta mellora era unha necesidade, dado o estado no que se atopaba, con maleza e sen ningún tipo de decoración. Esta obra realizouse ca colaboración de Fomento.