A Plataforma en Defensa do Transporte Público solicita unha reunión con Manuel Baltar

Presentaron unha solicitude para reunirse co presidente da Deputación, Manuel Baltar, na que solicitan unha reunión para reactivar a súa actividade, para presentarlle as inquedanzas con este servizo e para demandar o apoio da institución que representa.

Ademáis, remitiron outro escrito destinado ó alcalde do San amaron, Rubén Gómez. Neste caso amosan que non queren volver a reunirese con él asegurando que en ocasións anteriores amosou “mala aptitude e falla de respeto”. Reiteran que esta decisión débese a que aseguran que o alcalde negouse a escoitar as súas propostas e afirman que actuarán en consecuencia á postura que él mantén de cara ó colectivo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ambos documentos están asinados en acordo por representantes políticos do Partido Popular, do BNG, Podemos e dos integrantes da plataforma.

A comarca do Carballiño foi unha das zonas damnificadas pola supresión de servizos na liña ferroviaria durante o estado de alarma. Renfe informaba de que as liñas suspendidas volverían a estar operativas de xeito gradual a medida en que se fose recuperando a normalidade. A situación provocou o nacemento desta plataforma, na que se reivindicaba un transporte digno tamén para os estudantes e traballadores que acuden a diario a Santiago.

A día de hoxe, os horarios de tren cos que conta o Carballiño son: a conexión con Ourense con saída ás 18:40 horas e chegada ás 19:06 horas; e a conexión Ourense-Santiago con parada no Carballiño, con saída ás 15:35 horas. O alcalde Francisco Fumega critica que esta merma de servizos vense producindo dende hai 15 anos e que parece que abocará na supresión ferroviaria a longo prazo, sinalando a súa vontade de evitalo na medida que as súas competencias o permitan.