O Ribeiro recibe 29 galardóns nos premios Decanter World Wine Awards 2020

Os Decanter World Wine Awards, que xurden dunha intensa cata celebrada en Londres, Reino Unido durante 28 días consecutivos no mes de agosto, vén de facer públicos os resultados da 17ª edición, na que a Denominación de Orixe Ribeiro recibe dúas medallas de ouro, 11 de prata, 14 de bronce e dous “commended” ou distincións.

Esta competición celebra con esta edición o seu décimosétimo ano, no que se presentaron máis de 16.500 viños de todo o mundo. Os encargados de xulgalos en cata a cegas foron un total de 116 expertos en viños do mundo entre os que se atopaban sumilleres, xornalistas, Masters of Wine, Masters Sommeliers e comerciantes de viño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Juan Casares Gándara, presidente do C.R.D.O. Ribeiro, engade ante estes magníficos resultados que “con estos galardóns a D.O. Ribeiro resulta ser a máis premiada de Ourense, e isto fai novamente entrever que seguimos no camiño da calidade e profesionalidade que emprendemos xa fai algúns anos nesta denominación de orixe”.