Os centros educativos de Ourense terán formación e persoal sanitario

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial, participaron hoxe en Ourense na sesión de presentación aos equipos directivos e responsables dos centros educativos da provincia do proxecto de reforzo educativo en materia de prevención fronte á Covid-19. Esta sesión informativa celebrouse onte no Barco de Valdeorras e se repetirá mañá en Verín.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O novo representante do Goberno galego na provincia ourensá transmitiu o seu agradecemento ao colectivo sanitario que será o encargado de formar aos equipos directivos e Covid de cada centro. Gabriel Alén, ademais,  indicou que este acto tiña un significado especial pola súa condición de mestre e quixo recoñecer o labor dos docentes, e en especial aos equipos directivos que foron quen de adaptar os protocolos acordados polas autoridades sanitarias ás características de cada centro. “Dende a Xunta recoñecemos o esforzo dos docentes e agradecemos a súa implicación para que a educación dos nosos rapaces se desenvolva con normalidade e coa máxima seguridade”, asegurou.

Esta Área Sanitaria conta coa vantaxe de contar xa cun programa específico de educación sanitaria escolar Pupas, Sustos e Outros Desgustos, con dous anos de traballo e cooperación coa comunidade educativa, que se vén de implementar con formación específica de prevención e manexo Covid para dar soporte aos docentes e colaborar na educación para a saúde e a prevención do alumnado durante a pandemia.

Contacto directo e visitas centro a centro

A súa chegada á sesión informativa os representantes dos centros recibiron unha carta cos datos de contacto e coa data da visita ao seu colexio do equipo de formadores Covid do Sergas, no que se integran persoal de enfermería, técnicos de emerxencias e alumnos de ciencias da saúde, todos eles voluntarios e que levan traballando no desenvolvemento do programa “Héroes fronte o Coronavirus” desde o mes de maio, en colaboración coa Xefatura Territorial de Educación.

Na visita a cada centro estarán acompañados do enlace sanitario do centro de saúde de referencia de cada colexio, establecendo así un contacto persoal e próximo, xa que será o persoal dos Centros de Saúde os que responderán a calquera dúbida de tipo asistencial.

Asemade o equipo de coordinación pon a disposición dos centros un buzón específico de correo, no que se dará resposta rápida a calquera dúbida de organización de circuítos, prevención, protocolos de hixiene respiratoria, etc..

Por medio do intenso traballo dos últimos meses o grupo de educación para a saúde “Pupas, Sustos e Outros Desgustos”, ten deseñado un programa de intervención nos centros, con material didáctico gráfico e audiovisual de apoio, de utilidade aos docentes no traballo co alumnado, co obxectivo de manter viva e actualizada esta materia de xeito transversal aos programas de cada nivel educativo.

O programa “Heroes contra o Coronavirus” ten por obxectivo achegar, a todos os alumnos, alumnas e docentes dos centros educativos da provincia, información a este respecto, e facelo de forma dinámica, amena e participativa, en función dos distintos niveis educativos, infantil, primaria, etc.

Para poder chegar á maior parte de centros, no menor tempo posible, empregarán a metodoloxía de “formación concéntrica”, con aulas “piloto” de cada nivel educativo en cada centro, de acordo coa proposta de cada colexio, para que sexan posteriormente esas aulas as que expandan a formación ao conxunto, sempre coa apoio do equipo formador, aberto a novas visitas ou intervencións a demanda dos centros.

O obxectivo central do programa deseñado en Ourense para a comunidade educativa, é motivar e empoderar aos nenos e nenas, facendoos responsables do seu autocoidado sempre dun xeito práctico, ameno e participativo. Para elo están deseñados obradoiros diferenciados para Infantil; Primaria; ESO, Bacharelato-FP e para o profesorado.

Logo da exposición do programa por parte de Verónica Civeira e Josefa Araujo, da Subdirección de Enfermería de Atención Primaria, as xefas territoriais de Sanidade, Laura López del Castillo, e  de Cultura, Educación e Universidade, Luz Fernández,  responderon as distintas dúbidas dos participantes.