Ribadavia suma tres casos novos de Covid-19 e Leiro un brote familiar de catro persoas

coronavirus

O concello de Ribadavia informaba na xornada de onte  de tres casos novos de coronavirus. Con estes novos casos, Ribadavia suma 8 persoas positivas, todas sometidas a medidas e protocolos sanitarios. Segundo a administración local, a situación está controlada e non supón un risco para a veciñanza.

Na xornada de onte tamén se rexistrou un novo brote en Leiro de catro persoas dun núcleo familiar. Trátase dunha muller de 61 anos e dous menores.

AVANTAR ACTIVIDADES