O Boletín Oficial da Provincia fai público hoxe o padrón do imposto sobre bens inmobles de natureza rústica, de natureza urbana e de características especiais no municipio de Cenlle. Anuncian os prazos para que os interesados poidan presentar un recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes ou un recurso contencioso – administrativo ante o Xulgado en dous meses.
Cortegada anuncia a notificación colectiva e anuncio de cobranza de padróns fiscais para a taxa pola subministración de augas domiciliarias correspondente ao 2º trimestre do ano 2020, así como o canon da auga da Xunta de Galicia. O período voluntario de pago establécese en dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia. Exclusivamente para o canon da auga, a falta de pago no período voluntario sinalado suporá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento.