Aumentan as restriccións en Ourense cidade pola situación sanitaria

Tras escoitar as recomendacións do comité clínico, sobre a evolución epidemiolóxica do Concello de Ourense, a Consellería de Sanidade intensificará as medidas de prevención, mantendo as vixentes en toda cidade, ampliando as áreas de especial restrición a mais rúas do barrio do Couto, onde se están a concentrar os gromos nos últimos días.

En concreto a área na que se aplicarán estas especiais restricións, é o sector delimitado entre as seguintes rúas: Progreso (desde a Ponte Romana ata o cruzamento coa rúa Praza de Abastos); rúa Irmáns Xesta; avenida de Portugal (ata cruzamento coa rúa Irmáns Xesta); camiño Lobisome; rúa do Salto do Can;  rúa Carballo; rúa Sobreira; nacional 525 (dende  o cruce coa rúa Sobreira ata o cruzamento coa avenida Ribeira Sacra) e avenida Ribeira Sacra, ata a Ponte Romana. O sector delimitado inclúe aquelas nas que xa existían restriccións: Antonio Puga, Doutor Fleming, Xesús Soria e parte da Avenida de Portugal (dende Ervedelo á rúa Irmáns Xesta).

AVANTAR ACTIVIDADES