Obradoiro de risoterapia e autoestima, luns e mércores en Boborás

Outra das actividades feitas grazas á Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia  é o obradoiro de Risoterapia e Autoestima. A actividade terá lugar  o luns 28 de setembro e o mércores 30 de setembro, ambos os días ás 18:00 horas no local social do Regueiro e ás 19:15 horas no local social  de Vecoña. Para anotarse pode facerse nas oficinas municipais ou no teléfono 988 40 20 08.