A Xunta traballa na creación dun novo modelo de residencias coa participación das autoridades sanitarias e do sector

12,00 h (aprox.).- O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, comparecerá na comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego. No Pazo do Hórreo. foto xoán crespo 24/09/2020

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González, compareceu hoxe na comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego

Salienta que a nova proposta de centros residenciais e a creación da Dirección Xeral de Atención Integral Sociosanitaria serán aspectos positivos para os centros, os seus usuarios e as entidades que os xestionan

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González, explicou hoxe na comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia que o Executivo autonómico xa está a traballar no novo modelo de residencias, coa participación das autoridades sanitarias e do sector residencial. O obxectivo, indicou o responsable da área de Maiores, “é mellorar o funcionamento do sistema residencial galego”.

PUBLICIDADE ELECTORAL