A Plataforma en Defensa do Transporte Público reúnese mañá con Manuel Baltar

O presidente Ramiro Bello xunto con Jaime Godás e Joaquín Moldes tiveron unha xuntanza con alcalde de San Amaro.

Na rolda con todos os alcaldes quedaba pendente esta reunión que nun primeiro momento, segundo a plataforma, costou levar a cabo a causa de varios malentendidos. O alcalde mostrou o seu máximo apoio á plataforma e sumouse á idea de aprobar en todos os concellos a moción de apoio á plataforma e ó plan xeral.

AVANTAR ACTIVIDADES

Mañá martes, a plataforma reunirase con Manuel Baltar, o presidente da Deputación de Ourense. A petición fíxose a semana pasada e en apenas uns días obtiveron a resposta positiva. O obxectivo é buscar o apoio da institución para evitar o desmantelamento das conexións do transporte tralos últimos recortes por parte de Renfe e Adif, deixando á comarca limitada en comunicacións.