Dende a área de Deportes do Concello do Carballiño convócase ás familias a partir deste xoves, 1 de outubro, ás, 20,30 h., e ata o xoves, 8 de outubro, ás 20,30 h., na grada do campo municipal de Espiñedo, para informar sobre a tempada 2020/2021.
Rógase non acudir cos nenos e únicamente poden asistir os país/nais ou tutores (un familiar por xogador). Asemade, será obligatorio o uso de máscara e gardar a distancia
de seguridade.
O calendario de reunión será:
- Xoves, 1 de outubro, ás 20,30 h. Categoría: Xuvenil
- Venres, 2 de outubro, ás 20,30 h. Categoría: Cadete
- Luns, 5 de outubro, ás 20,30 h. Categoría: Infantil
- Martes, 6 de outubro, ás 20,30 h. Categoría: Alevín
- Mércores, 7 de outubro, ás 20,30 h. Categoría: Benxamín
- Xoves, 8 de outubro, ás 20,30 h. Categoría: Pre benxamín