Baltar pide un “real decreto exprés” con axudas a deputacións e concellos fronte ao COVID-19

Videoconferencia Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) coa xutna directiva da FEMP.

O presidente da Deputación de Ourense alíñase coa tese de reclamar ao Goberno “soluciones de emerxencia económica” para as entidades locais, e defende unha inmediata reunión entre a FEMP e a Comisión Nacional de Administración Local ( CNAL)

O presidente da Deputación de Ourense e membro da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Manuel Baltar, dixo hoxe ao termo da reunión telemática celebrada polo órgano de goberno da FEMP, que o Executivo de Pedro Sánchez “debe activar coa máxima urxencia un real decreto exprés para deputacións e concellos para poder facer fronte ás consecuencias da pandemia do Covid-19”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Baltar, quen se aliña coa tese de reclamar ao Goberno “soluciones de emerxencia económica” para as entidades locais, defende unha inmediata reunión entre a FEMP e a Comisión Nacional de Administración Local ( CNAL). “As palabras son eficaces se hai diálogo e acordo; pola contra, non son máis que un exercicio de perda de tempo”, afirma. Neste sentido, móstrase partidario de que o presidente da FEMP, Abel Caballero, reclame a convocatoria da Comisión Nacional de Administración Local ( CNAL), cuxa celebración debe ser necesariamente previa ao consello de ministros no que se debata a proposta de decreto de axudas aos municipios e provincias.

“O labor de interlocución da FEMP #ante o Goberno demostrouse ineficaz ata o momento, pois as entidades locais, e por extensión os nosos veciños, seguimos sen recibir o que nos corresponde, os nosos aforros, e seguimos pagando as consecuencias dunha cerrazón, con esa actitude por parte do Goberno de volverlle as costas aos verdadeiros problemas que está a padecer o municipalismo español”, sostén Baltar.

“O sistema de axudas que reclamamos para as entidades locais debe centrarse no fondo incondicionado de 5.000 millóns e no de 1.000 millóns destinado a rescatar ás concesións de transporte urbano, non hai máis realidades”, explica Baltar, quen lamenta que tras o fracaso do decreto anterior no Congreso “o Goberno siga defendendo que os concellos e deputacións entréguenlle os seus aforros para poder acceder a unhas axudas que a Administración Local merece recibir sen molestias por estar desde o primeiro momento na batalla fronte ao COVID-19”.

A proposta de axudas debe expresar, segundo Manuel Baltar, “unha pluralidade política municipal, tal e como se viu na votación do Congreso en contra do anterior real decreto; negociación, si, toda a que faga falta, pero tamén concreción, celeridade e eficacia, que é o que demandamos para que este parón económico e financeiro forzado polo Goberno non acabe lastrando e hipotecando ás entidades locais”

Baltar defende, en base aos acordos de abril e maio, que o Goberno inclúa na súa nova proposta de real decreto “a aplicación de superávits, a ampliación do prazo dos investimentos financeiramente sostibles e a eliminación da regra de gasto, ademais do concepto de déficit e de estabilidade, así como as medidas de axuda directa que contan cun amplo respaldo político”, afirma, considerando fundamental “garantir nese futuro decreto que as entidades locais poidan participar como beneficiarias dos fondos europeos, unha vez que se concreten as condicións do Fondo de Recuperación aprobado pola Unión Europea”.