Cenlle asina un convenio para a colocación de contedores de aceite

O alcalde de Cenlle asinou na xornada de onte de un convenio no ámbito da reciclaxe ca finalidade de colocar os colectores para aceite doméstico usado.

Ata o de agora, o concello procedeu á instalación de cinco depósitos, ubicados nas localidades de Cenlle, Barbantes, Laias, Razamonde e Trasariz. A administración local mostrou o seu compromiso con seguir pondo en marcha iniciativas no ámbito da reciclaxe e do tratamento de residuos.

AVANTAR ACTIVIDADES