O BNG volve reclamarlle ao alcalde Pérez Jácome que convoque unha xunta de voceiros para tratar a situación sanitaria tanto na cidade coma no resto de núcleos do concello

A formación nacionalista amósase moi preocupada pola evolución da pandemia en Ourense e urxe a que o alcalde convoque aos voceiros do resto de grupos para abordar a situación

Os últimos datose as últimas medidas adoptadas pola Xunta de Galiza referidas á evolución da COVID-19 en Ourense, chegando mesmo ao confinamento de varias rúas da cidade, preocupan, e moito, ao Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha vez máis desde o BNG reclámanlle ao goberno local explicacións sobre a situación sanitaria na que se atopa o conxunto do concello, xa que os datos que ímos coñecendo día a día non son nada alentadores.

En reiteradas ocasións o Grupo Municipal do BNG reclamoulle o alcalde a convocatoria dunha xunta de voceiros para coñecer e por en común a situación derivada da pandemia e poder artellar conxuntamente novas liñas de actuación.

Reclámanlle tamén que informe dos protocolos e das actuacións que se están levando a cabo desde o propio concello en coordinación coas autoridades sanitarias da Xunta de Galiza.

A xuntanza mantida esta mesma mañá entre o alcalde Pérez Jácome, o Xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco, Félix Rubial e a Xefa Territorial da Consellería de Sanidade en Ourense Laura López, é un motivo máis, esgrimen desde o BNG, para que o alcalde convoque ao resto de grupos e os informe de tódolos pasos que se levan dado e os que está previsto dar nun futuro.

A reclamación dos nacionalistas chegou mesmo á comisión de pleno, onde, o pasado día 4 de setembro, o voceiro Luis Seara reclamaba a convocatoria da xunta de voceiros.

A día de hoxe, 29 de setembro non hai resposta por parte da alcaldía