O Ourense Film Festival (OUFF) rende homenaxe a José Luis Cuerda

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A placa foi colocada esta mañá na esquina da Praza Maior coa rúa das Tendas, lugar especialmente significativo onde se rodou “Los girasoles ciegos”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No acto interviñeron o presidente da Deputación, Manuel Baltar, xunto co director do festival Miguel Anxo Fernández e Elena Cuerda, filla do cineasta. A nivel local estiveron a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, e o concelleiro de cultura do Carballiño, Manuel Dacal.

Tamén estiveron presentes no acto o director de Agadic, Jacobo Sutil; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o coordinador técnico do festival, Aurelio Gómez Villar, e alcaldes e representantes municipais dos concellos que forman parte da filmografía de Cuerda na provincia de Ourense. “Un vencello que Cuerda fixo transcender para que Ourense traspasase fronteiras no cine”, expresou o presidente Baltar, lembrando títulos como A lingua das bolboretas,El bosque animado, Amanece, que no es poco ou Los girasoles ciegos, “obras algunha delas que abranguen moita da filosofía que fixo nacer o OUFF e que o seguen engrandecendo día a día, convertendo a Ourense nun gran plató para a produción audiovisual”.  

Manuel Baltar remarcou que o que buscamos “é que Ourense teña sona e visibilidade dentro da traxectoria do cine galego, que non se entende sen Ourense; un Ourense ao que lle quedan moitas páxinas por escribir da historia do cine, xunto con este festival que hoxe lembra a José Luis Cuerda, nesta xustísima homenaxe de quen foi un escalón proverbial para hoxe esteamos aquí falando de cine”, afirmou Manuel Baltar. 

Miguel Anxo Fernández, director artístico do Festival de Cine” quixo facer unha semblanza da figura do cineasta lembrando un dos seus traballos máis representativos. “O bosque animado reflectiu unha Galicia non tópica, unha Galicia digna, unha Galicia máxica”, asegurou.

Elena Cuerda, filla do cineasta, quixo agradecer en nome de toda a familia o recoñecemento aseverando “que estoy segura estaría encantado de vernos aquí hoy a todos juntos”.