O Eco Barco do Ribeiro chega ata o balneario de Arnoia

O  Eco Barco do Ribeiro anunciou neste mes de setembro que, dada a boa acollida desta iniciativa, ampliará a súa oferta ata decembro. Ademais, dende o día 21 de setembro, percorre o Río Miño con outra ruta máis, que neste caso pasara polo concello de Arnoia.

Neste caso partirá do pantalán situado ó pe do balneario de Arnoia, preto da desembocadura do Río Arnoia. Ten capacidade para seis persoas e posibilidade de escoller só a ruta do viño do Ribeiro ou acompañala con pinchos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para o ano 2021, a organización das rutas do Eco Barco, ten en mente a adquisición de barcos con maior capacidade, aínda que polo momento cas restricións de reunión de grupo, non poden ampliar o aforo.

A información completa e as reservas poden facerse a través da súa web : www.ecobarco.es