O FETEGA pecha con grandes resultados a súa 31ª edición

O FETEGA pechou a súa 31ª edición esta fin de semana cunha mensaxe clara: “Sen cultura non hai vida”, unha reivindicación de que os espectáculos deben seguir, coidando as medidas. Dende a organización destacan que a pesar de ser un ano atípico e de ter só un 30% do aforo conseguiron un resultado satisfactorio.
Foron catro días intensos en canto a programación, tanto con animación de rúa, monólogos e espectáculos teatrais, con numerosas caras coñecidas dentro do sector. O xurado tivo unha ardua labor para seleccionar os gañadores nos distintos premios que foron outorgados o sábado na gala de clausura dirixida por Pepo Suevos.
Carlos Ledo, director do FETEGA, fixo unha valoración de como foi este primeiro ano liderando a organización do festival e da calidade desta edición.