Ourense achégase ós 800 casos activos de Covid-19, con cifras na UCI que se remontan ó mes de abril

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 799 (34+) casos activos de coronavirus; deles, 74 (10+) están ingresados, 9 (3+) están na UCI e 725 en seguimento domiciliario (+24).

Para obter os datos integrados da xornada de hoxe hai que remontarse ó día 2 de maio. Para ter as UCI na ocupación de hoxe, temos que remontarnos ó 29 de abril.

AVANTAR ACTIVIDADES

GALICIA SOBE OS CASOS ACTIVOS E OS PACIENTES EN UCI, E REXISTRA SETE MORTES NA ÚLTIMA XORNADA

Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.259 (+9).

Do total de pacientes positivos, 33 (+6) están en UCI, 203 (-7) en unidades de hospitalización. Rexistrándose 747 (7+) falecementos.

Onte faleceron unha muller de 90 anos no Hospital de Verín; un home de 89 anos no HM Modelo Belén; unha muller de 89 anos no CHOP; un home de 66 no CHUAC; un home de 76 anos no CHUO e un home de 87 anos no CHUAC. Todos con patoloxías previas menos un deles.

COMARCA DO RIBEIRO

Onte, Ribadavia sumaba 4 casos máis dentro dunha familia: unha muller de 29 anos, un home de 31 e dous menores. O número total de casos activos ascende a 16. Todos estes veciños están sometidos ás medidas e protocolos sanitarios e de seguridade que ditan as autoridades sanitarias. Segundo afirma o alcalde, a situación está controlada e non supón ningún risco para a veciñanza.