Tiruleque inicia este sábado once representacións de teatro afeccionado

Comeza este sábado o Circuito Galego de Teatro Amador 2020, que se desenvolverá neste mes de outubro no auditorio municipal, e que abrirá o grupo de teatro Tiruleque coa obra A Farsa do Maitre Pathelín. Conta co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do concello do Carballiño.

Este ciclo antecede á XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”, que comeza o 12 de outubro e que contará con sete actuacións ata o mes de novembro.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ambos eventos están promovidos por Tiruleque, e foron presentados hoxe, da man do seu director, Xosé Prada, e tres integrantes máis do grupo, así como o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.

A Farsa de Maitrre Pathelín representarase este sábado, 3 de outubro, ás 20,30 h., no auditorio, contando con todas as medidas preventivas, de separación e seguridade pola Covid 19. Esta obra estrenouse o pasado ano e tivo un gran éxito por toda Galicia, e ainda que estaba previsto que se representase o 8 de novembro, pechando o Circuíto Galego Teatro Amador 2020, cambiose para este sábado ante a imposibilidade de que poidera actuar a compañía Chumpá Teatro coa obra “Intocables”.

O 10 de outubro estará en escea a compañía Max Teatro coa obra “Os líos do taxista”, e o 18 de outubro a quenda será para a compañía Atrezo Teatro coa obra “Chicago Killers”. A compañía que peche o ciclo o 8 de novembro ainda está por decidir.

Xosé Prada adiantou na rolda de prensa algunhas das novidades da XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”. Así, dixo que haberá sete actuacións, unha delas a estra da nova obra de Tiruleque “Soutelo Enterprise”, unha comedia ácida sobre un texto de Sergio Macías, profesor de interpretación na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e na Escola Municipal de Teatro de Vigo.  A estrea desta obra será o 14 de novembro, e haberá unha reestrea o 15 de novembro.

Finalmente, Xosé Prada anunciou a cesión a tiruleque dun local para ensaios e incluso pequenas representacións no Torrón, que lle permitirá ao grupo de teatro montar un escenario e os seus equipos para poder ensaiar e realizar certo tipo de representacións teatrais. Trátase dunha deferencia das irmás González Morales.

Diego Fernández felicitou ao grupo pola valentía para organizar estes eventos nun tempo de tantas dificultades para todos e, neste caso, para o mundo da cultura. Agradeceu o seu traballo a prol do teatro afeccionado no Carballiño e animou aos veciños a asistir a estas representacións, que terán lugar con todas as medidas preventivas que se esixen polo coronavirus.