Ernesto Romero de Novocine de Leiro, premio “Rodolfo Prada” á xestión cultural 2020

Reunión do Xurado do Premio “Rodolfo Prada Chamochín” a xestión cultura no Centro Cultural "Marcos Valcarcel" da Deputación Ourense. Asisiten Rosendo Fernández (VicePresidente da Deputación Ourense), Anxo Lorenzo Suárez (Secretario Xeral de cultura da Xunta de Galciia), Aurelio Gómez Villar (Asesor de cultura da Deputación Ourense), Antonio Piñeiro (Técnico Cultura Concello Celanova), Patria Torres Madureira (Deputada de cultura da Deputación Ourense) e Juan Rivas e Manuel Araujo (Organizadores da ICCWEEK).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O xurado do Premio ““Rodolfo Prada” á xestión cultural 2020 reuniuse hoxe para avaliar as candidaturas presentadas a este certame instaurado pola Deputación de Ourense para destacar a figura deste insigne intelectual ourensán e elixir os proxectos galardoados nas tres modalidades do certame. Na reunión, o xurado salientou a elevada calidade dos traballos presentados ao certame, que reparte un total de 6.000 euros en premios.

PUBLICIDADE

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O premio para profesionais culturais recaeu en Ernesto Romero, de Novocine de Leiro, polo valor que supón para o rural manter unha actividade cultural como a que desenvolve. O premio para persoas voluntarias ou colectivos afeccionados foi para “Platea Lúa”, pola creatividade e o labor que desenvolve nas súas visitas turísticas guiadas teatralizadas. E finalmente, o premio para proxectos culturais foi para o Náutico de San Vicente, polo seu traballo a prol da difusión cultural e musical coa organización de actividades e concertos ao longo de todo o ano.