O Delegado Territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén coñece a afectación dos incendios rexistrados no macizo central

  • Gabriel Alén trasladouse a Vilar de Barrio, Vilariño de Conso e Chandrexa de Queixa no marco da rolda de visitas aos concellos da provincia que rexistraron lumes no último mes
  • Aproveitou a visita para despachar cos rexedores temas e proxectos relacionados coa administración autonómica

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, desprazouse hoxe aos municipios de Vilar de Barrio, Vilariño de Conso e Chandrexa de Queixa para comprobar in situ a afectación dos lumes forestais rexistrados o pasado mes de setembro no Macizo Central ourensán e avaliar a situación cos seus alcaldes.

Gabriel Alen Delegado da Xunta visita Chandrexa de Queixa

Durante a visita, Gabriel Alén recalcou a necesidade de establecer acordos e de avanzar no consenso político para loitar contra os incendiarios e para que a súa actividade non quede impune. “Estes delincuentes pagarán polas súas accións porque ademais de danar os nosos montes poñen en risco vidas de persoas”, indicou o delegado territorial.

AVANTAR ACTIVIDADES
Gabriel Alen Delegado da Xunta visita Vilar de Barrio

Alén anunciou que a Xunta está traballando nunha resposta integral para facer máis resistente o territorio fronte aos lumes, desde distintos ámbitos agrícolas e forestais.

O representante do Goberno galego en Ourense agradeceu e puxo en valor o traballo dos servizos de extinción mobilizados, así como dos medios de emerxencias despregados, para controlar os lumes que afectaron a provincia, remarcando a capacidade de actuación por parte do colectivo de extinción.

Ademais, Alén Castro agradeceu a colaboración das administracións locais e da cidadanía en xeral, xa que protexer o patrimonio forestal é deber de todos. Neste senso, apelou á concienciación cidadá e lembrou que existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

A visita aos tres concellos foi aproveitada para despachar cos seus alcaldes -Manuel Conde de Vilar de Barrio, Melisa  Macía de Vilariño de Conso e Francisco Rodríguez de Chandrexa de Queixa- outros temas de interese e revisar os investimentos e proxectos executados a través da colaboración entre a Xunta e a administración local, no marco dos encontros que desde a súa toma de posesión  está a ter o delegado territorial co obxectivo de coñecer a realidade e as necesidades dos municipios da provincia.

Gabriel Alén amosou a súa vontade de traballar en colaboración cos rexedores para desenvolver con éxito os proxectos municipais pendentes de execución.