O grupo de goberno do Carballiño subirá o IBI ata o 0.54% para o próximo ano

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A sesión plenaria da corporación municipal tivo lugar durante esta mañá, sen presencia de público debido á falla de espazo no salón de plenos para manter as medidas de separación pola covid 19.

O punto de choque principal desta sesión foron as modificacións de ordenanzas fiscais. O equipo de goberno aproba ca súa maioría absoluta cambios en catro puntos e unha suba do IBI comprometida fai dous anos, no que se rebaixou o 20% con intención de no 2021 volver a deixar a rebaixa só no 10%.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A oposición non concorda co presentado polo goberno. Por unha parte, todos concordan en que estas modificacións non se adaptan á situación actual que está a vivir a cidadanía e rexeitan a suba do. O Partido Popular propón que se elimine o cobro da taxa de terrazas para o 2021  e recorda que con 3,5 millóns de remanente non é o momento de subir os impostos.

O BNG recorda que estas modificacións deixan fora temas de interese como a adaptación do servicio de conciliación, que xa precisaba unha revisión antes da Covid-19.

Pola súa parte, dende Espazo Común definen esta situación coma “caos absoluto” e recordan que o aprobado fora unha rebaixa.

Ademais, dentro do aspecto económico, tamén se aprobou unha modificación orzamentaria de 60.000 euros destinados ó bono comercio. Trátase dunha medida de dinamización comercial en colaboración co Centro Comercial Aberto pero que implicará ó tecido comercial completo a través dunha tarxeta de compra para os cidadáns. Todos votaron a favor, aínda que pedían máis detalles de como funcionará este bono.

O GOBERNO LOCAL DO CARBALLIÑO COMPROMETEUSE A CREAR UN SERVIZO DE CONCILIACIÓN EN XORNADA DE TARDE E UNHA COMISIÓN PARA TRATAR A SITUACIÓN DOS CENTROS EDUCATIVOS, PETICIÓNS DO BNG E ESPAZO COMÚN APOIADAS POR TODOS

En canto ás peticións da oposición, o grupo de goberno respondeu á petición do BNG de facilitar medidas de conciliación para as familias, dado que xa fai 15 días que iniciou o curso escolar e aínda non hai ningunha activa. O goberno local anunciou un plan de conciliación para as tardes.

Ademais, Espazo Común solicitaba implementar medidas nos centros educativos, para que o curso poida transcorrer sen incidentes derivados da Covid-19. O goberno local comprométese a crear unha comisión para tratar este tema e trasladar a información dos centros á corporación.