Ribeiro en Común reclama medidas excepcionais en Ribadavia para evitar chegar á situación de Ourense cidade.

Onte desde a Alcaldía informaban o que xa facía días se coñecía, que Ribadavia vive un repunte de casos con varios brotes chegando a unha nova cifra de 14 persoas afectadas actualmente. Non se informa nin das persoas á espera de resultados nin das persoas que viven en cuarentena.

Para Ribeiro en Común a situación é preocupante e desde o Concello débese reclamar accións das autoridades sanitarias encamiñadas a frear esta dinámica.

AVANTAR ACTIVIDADES

Moitos veciños quéixanse de falta de información, de falta de rastreadores, de que desde a dirección do SERGAS chegan moi tarde a contactar co entorno das persoas afectadas, falta de información a pais e nais tamén por parte do director do CEIP Ribadavia, sobrecarga de labores nos profesionais sanitarios de Ribadavia, fundamentalmente en pediatría.

Da a sensación de que a pesar de estar previsto un repunte en outono, colle a todas as autoridades por sorpresa.

O noso grupo leva semanas reclamando medidas de choque e liderazgo do Concello: campaña de concienciación na sociedade, campaña de vixilancia da policía, reforzo das medidas de prevención, como reforzo intensivo de desinfección de espazos públicos, parques e edificios públicos, información aos veciños e veciñas sobre casos COVID, e sobre todo ser desde o Concello a institución que reclama que o SERGAS cumpra os protocolos, cousa que non sempre acontece ao chegar en demasiados casos moi tarde.

Pedimos, ademais, que se comecen a adoptar medidas progresivas e temporais de restrición de actividade social e pública, só como medida puntual pero urxente para evitar no futuro ter que chegar ás medidas extremas que se están aplicando en Ourense cidade.

Ribeiro en Común reclamamos que sen máis escusa se convoque unha Xunta de Portavoces municipais para adoptar medidas de maneira urxente e excepcionais para axudar desde o Concello a frear a situación. Levamos semanas pedíndoo e sendo a situación desprezada polo Alcalde.

Ribeiro en Común ofrece o seu apoio para colaborar en todas as medidas que se adopten no Concello encamiñadas a frear está situación, e sobre todo pide que se mellore a coordinación entre todas as Administracións, Concello, Sanidade, Educación, Mobilidade, Delegación provincial da Xunta e do Estado. Agardamos que a partir de agora sexa así.