Espazo Común critica que aínda non se deran as axudas económicas da Covid-19

A formación asegura que neste contexto, as accións de apoio das diferentes administracións son fundamentais. Comenta que algunhas delas están a respostar razoablemente ben pero outras aseguran que están lonxe da realidade que se está a vivir.

Afirman que hai xa 7 meses que a pandemia comezou a castigar a economía local e hai xa 5 meses que se aprobou un acordo plenario, promovido case integramente pola oposición que abarcaba unha inxección de 1.300.000 €. A día de hoxe, recordan que non se fixo realidade absolutamente nada, e como consecuencia, autónomos, comerciantes, hostaleiros e familias non recibiron, a estas alturas, un só euro de axuda municipal.

AVANTAR ACTIVIDADES

Aseguran que este ano non se tramitaron nin axudas, nin plan de emprego, nin convocatoria da comisión de seguimento do COVID, nin subvencións a colectivos coma Cruz Vermella, Protección Civil, Asdifica ou Centro Comercial Aberto, con expedientes sen resolver.

Dende a formación pregánlle que se poñan a traballar para defender os intereses dos veciños ós que representan.