Manuel Baltar: “A Xeración Nós foi o movemento cultural, político e social máis importante da historia de Galicia”

Inauguración do GAIAS (Cidade da Cultura en Compostela) da Exposición “De Nos a Nos”. Asisiten Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense), Alberto Núñez Feijoo (Presidente da Xunta do Galicia), Miguel Santalices Vieira (Presidente do Parlamento de Galicia), Ana Acuña Trabazos e Afonso Vázquez-Monxardín (Curadores da Exposición), Román Rodríguez González (Conselleiro de Culutra da Xunta de Galicia), Rosario Álvarez Blanco (Presidenta do Consello da Cultura Galega), Xose Sanchez Bugallo (Alcalde de Compostela), entre outras autoridades da política e da cultura galega.

O presidente da Deputación de Ourense, participou hoxe en Santiago no acto inaugural da exposición Galicia, de Nós a nós, que reúne na Cidade da Cultura máis de 300 pezas, “a mostra máis importante, que conmemora o centenario da revista Nós, a canle de expresión por excelencia da nosa lingua e identidade como pobo”, afirma Baltar 

Inauguración do GAIAS (Cidade da Cultura en Compostela) da Exposición “De Nos a Nos”. Asisiten Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense), Alberto Núñez Feijoo (Presidente da Xunta do Galicia), Miguel Santalices Vieira (Presidente do Parlamento de Galicia), Ana Acuña Trabazos e Afonso Vázquez-Monxardín (Curadores da Exposición), Román Rodríguez González (Conselleiro de Culutra da Xunta de Galicia), Rosario Álvarez Blanco (Presidenta do Consello da Cultura Galega), Xose Sanchez Bugallo (Alcalde de Compostela), entre outras autoridades da política e da cultura galega.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe en Santiago no acto presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, no que tivo lugar a inauguración da exposición Galicia, de Nós a nós, que reúne na Cidade da Cultura máis de 300 pezas “da mostra máis completa sobre o movemento cultural, político e social máis importante da historia de Galicia, que alumeou o pensamento político galeguista”, destaca Baltar. 

AVANTAR ACTIVIDADES
Inauguración do GAIAS (Cidade da Cultura en Compostela) da Exposición “De Nos a Nos”. Asisiten Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense), Alberto Núñez Feijoo (Presidente da Xunta do Galicia), Miguel Santalices Vieira (Presidente do Parlamento de Galicia), Ana Acuña Trabazos e Afonso Vázquez-Monxardín (Curadores da Exposición), Román Rodríguez González (Conselleiro de Culutra da Xunta de Galicia), Rosario Álvarez Blanco (Presidenta do Consello da Cultura Galega), Xose Sanchez Bugallo (Alcalde de Compostela), entre outras autoridades da política e da cultura galega.

Esta é unha das citas culturais imprescindibles no outono de 2020, unha exposición que chegará nos vindeiros meses a Ourense, “berce desta xeración única e singular no ámbito da intelectualidade, e da que este ano conmemoramos o centenario da revista Nós, a canle de expresión por excelencia da nosa lingua e identidade como pobo, que traspasou fronteiras, desde Ourense para o mundo”, afirma Baltar. 

O Gaiás exhibe nesta exposición obras procedentes de Francia, Alemaña e Portugal, que poñen o foco nas conexións internacionais da revista Nós e dos seus impulsores, remarcando a dimensión de universalidade da cultura galega. Tamén destaca o legado do grupo de intelectuais galeguistas que contribuíron, nas primeiras décadas do século XX, ao desenvolvemento e internacionalización da lingua e da cultura galegas. 

Manuel Baltar salienta “o pulo a prol do noso” que supuxo o movemento Nós, “que nunca debemos esquecer e que sempre debe presidir calquera das nosas accións sexan políticas, públicas e mesmo privadas, porque responden a un colectivo que naceu do pobo recollendo reivindicacións e pensamentos sociais”. O presidente da Deputación lembra a historia da revista Nós, que viu a luz o 30 de outubro de 1920, “dirixida por Vicente Risco, con Xavier Prado, “Lameiro”, como redactor xefe, Xulio Gallego, secretario e un equipo integrado por Ramón Cabanillas, Alfonso R. Castelao, Antón Losada Diéguez, Ramón Otero Pedrayo e Florentino L. Cuevillas”. 

“Cando falamos de ourensanía poñemos de relevo a peculiaridade que nos caracteriza, que nos identifica e que nos une, unha comuñón dos ourensáns coa Patria Galega, que tan ben reflexou o espírito da Xeración Nós”, expresa Baltar.