A ICC Week trae concertos e charlas a Ribadavia esta fin de semana

O concello de Ribadavia anuncia nas súas redes sociais as actuacións programadas esta fin de semana no marco da ICC Week. Estas citas serán na mañá do sábado, a partir das 12:00 horas e terán lugar no Auditorio Rubén García do Castelo dos Sarmientos, cun aforo de 150 persoas.

O concerto dará comezo ca actuación de Yawners, seguida de Anni B Sweet e, para rematar, con DJ Isaac Pedrouzo. As entradas son de balde e poden mercarse na páxina web da ICC Week deste ano. Ademais, tamén poderán seguirse en directo a través da canle de youtube deste congreso de Industrias Culturais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nesta edición da ICC Week, este escritor e filósofo achégase a Ourense para aportar a súa particular análise da fama e a súa democratización, nos tempos das redes sociais. Esta cita será o sábado, ás 11:00 horas, na Igrexa da Madalena, en Ribadavia. Será aberto ao público con inscrición previa en Woutik ou en streaming na canle Youtube.

Ernesto Castro, nacido en Madrid, 1990 é douctor en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid e autor de varios libros de ensaio. Tamén ten un blog no que publica periódicamente os seus artigos e ensaios, e unha canle de YouTube onde comparte os vídeos das súas clases, charlas e entrevistas.